Todas aquelas persoas que desexen participar nesta festa peregrinando ata a Igrexa da Rigueira e recibiren alí a Ventura (Insignia de ter completado o camiño) e a azucena (flor de San Antonio), deben anotarse previamente no Concello antes do 8 de xuño. Poden facelo por Telefono 982-592001 ou por correo electrónico a lucia@xove.es
Poderán completarase calquera das oito Rutas habilitadas ao longo de todo o Concello a tal efecto. A maioría dos romeiros/as escollen sair xuntos de Xove e ir ata o San Antonio pola dos Muiños. Unha vez completada a ruta escollida e debidamente selados os seus carnés terán lugar a recepción dos romeiros/as na carpa do Concello e a entrega da Ventura 2018 e da flor de San Antonio.