Esta será a terceira campaña da peche brasileira, de 33 anos, no club, logo de clausurar 2017-18 como a máxima artilleira do conxunto, con 29 dianas, e a segunda de Primeira División RFEF, e sendo ademáis recoñecida como a Mellor Xogadora co Trofeo Viceroy, de Kessarys Joyeros.
“Cilene é unha gran garantía para o proxecto burelista, con experiencia, calidade e finalización. Aclimatouse á perfección ao equipo e ao fútbol sala español na súa primeira tempada e este ano demostrou que o seu carisma e liderado son esenciais para o Pescados Rubén” aplaudía o presidente, Manuel Blanco, con estas palabras a renovación da brasileira.