Site icon Crónica3.com A Mariña

O Polígono de Cuíña será o escenario da II KDD multimarca astur-galega, o sábado 30 de xuño

Cervo, 21 de xuño de 2018.- O Concello de Cervo acollerá a II Quedada (KDD) multimarca Astur-Galega o sábado 30 xuño.
A concentración, organizada pola asociación local Chatarracing e por Astur-Vag, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, e por varios membros da organización.
A actividade terá lugar no Polígono de Cuíña desde as 10:00 horas, e prolongarase durante toda a xornada; alí concentraranse todo tipo de vehículos, de todos os estilos (clásicos, racing, 4×4…).
Villares apuntou que se trata dun evento co que diversificamos a oferta de ocio do municipio; e desde o Concello sempre “estamos dispostos a colaborar e a poñer a disposición terreos, instalacións e infraestruturas municipais para que as direferentes asociacións poidan desenvolver a súa actividade, sobre todo, cando vemos, como é ocaso, o interés que hai por parte deste grupo por programar eventos que atraen aos amantes do mundo do motor, con tanta afección a día de hoxe”.

Exit mobile version