Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés ten “serias dúbidas” de que o alcalde cumpra o acordado sobre o pavillón

Burela, 7 de xuño de 2018.- O Grupo Municipal Popular burelés acusa ao alcalde de “ser absolutamente incapaz de facer nada para que o Concello lidere a construción dun novo pavillón”. Proba delo, é que que no Pleno celebrado onte, é dicir, dous anos despois de que o Burela Fútbol Sala lle comunicara as demandas da Liga Nacional de F.S., presentase o documento elaborado polo propio clube, demostra “a ausencia de traballo dun home que o único que fai é dar titulares de prensa, pero que co tempo se demostran vacíos de contido. Polo tanto, non creemos no alcalde nin na súa palabra, e dubidamos seriamente de que cumpla co que onte se acordou”, afirman.
Os populares destacan a negativa inicial do alcalde e do seu equipo a establecer prazos para a redacción do anteproxecto do novo pavillón, adquirir os terreos necesarios e levar a cabo os trámites admistrativos e económicos que ten que facer o Concello, cando tiña que ser precisamente él o que chegase ao Pleno con algo feito ou alomenos marcar as liñas de traballo. “Foi a presión do PP a que ao final o obrigou a marcarse catro meses de prazo”, indican.
Este Grupo Municipal puxo de relevo na sesión que “o 1 de xuño de 2017 presentamos un escrito solicitando documentación relativa ao plan de tráfico, regulamento do mercado, plan de mobilidade, e ao propio pavillón e, a día de hoxe, un ano despois, aínda non temos resposta, o que quere dicir que nada do que anunciou no seu día está feito, nin tan siquera comenzado”, apuntan.
Por todo elo, indican, “estaremos moi atentos ao cumprimento dos prazos, aínda que coñecendo a actitude incapaz nos dá que podemos agardar sentados”.
Plan de Saneamento Económico e Financieiro
Os edís do PP aseguraron no pleno que “o alcalde e o seu equipo foron incapaces de executar o presuposto municipal de 2016, e en 2017 gastaron máis do que podían, incumprindo así a regra de gasto”. En concreto, no exercicio pasado gastaron un 11’5% máis que en 2016, cando só podían gastar un 2’1% de máis, “o que demostra que son malos xestores”, subliñan.

Polo tanto, remarcan que “o alcalde, ademais de considerarnos parvos, está mentindo cando dixo na prensa que gastaran menos do previsto”. E é que dese incremento de gasto que non podía efectuarse vén o incumprimento da regra de gasto, o que provocará que nin neste ano nin no que vén se poidan facer determinadas operacións presupostarias.

Dende este Grupo consideran que “os blablablás do alcalde e da concelleira de Facenda no pleno de onte é unha demostración palpable de que son incapaces de asumir ningunha responsabilidade. Por riba, consideran normal facer este tipo de planes de saneamento, cando o propio rexedor criticou no seu día un plan similar levado a cabo polo goberno do PP, o que demostra que ata qué punto esta persoa é capaz de dicir hoxe unha cousa e mañá a contraria”.
Finalmente, consideran que tanto o asunto do pavillón coma o da regra de gasto, evidencian que “estamos ante un alcalde e un goberno absolutamente incapaces de comprometerse co seu traballo e coa xestión eficaz dos asuntos municipais. Só pensan nas campañas de imaxe e nas sesións de fotos”, conclúen.

Exit mobile version