Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de A Mariña pon en valor que a Xunta de Galicia cree 149 novos empregos na comarca

Lugo 02, xuño, 2018. O PP de A Mariña pon en valor que a Xunta de Galicia cree 149 novos empregos na comarca grazas ás contratacións contempladas ao abeiro do RISGA, do programa Aprol do Rural e ás axudas para socorristas. Deste xeito, o Goberno galego no só contribúe a reducir o desemprego nos Concellos desta zona, senón que realiza un importante esforzo inversor ao destinar preto de 900.000 euros á contratación destes traballadores, cuxa selección corre a cargo das 16 entidades locais beneficiarias.

Os populares desta comarca agradecen publicamente o apoio da administración autonómica, pois “permite crear emprego, chegando nalgúns casos a que se poidan facer contratos de nove meses de duración, como é o caso dos contemplados no marco do programa Aprol Rural”. Polo que respecta ás contratación do RISGA, a duración é de 7 meses e, no caso do servizo de salvamento, de 2 meses.

Para os representantes do PP estas axudas supoñen “unha inxección ecónomica moi importante e un balón de osíxeno para que dende os Concellos se poida dar unha oportunidade laboral aos novos veciños”. Por este motivo, destacan a importancia de que unha administración como a Xunta “poña á disposición dos mesmos esta oportunidade, xa que todo o que se faga por reducir o desemprego sempre debe de ser valorado”, remarcan.

Exit mobile version