Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas apoian as reivindicacións dos traballadores e da Asociación de afectados pola louseiras de Santa María Maior e Lindín en Mondoñedo

Mondoñedo, 30 de xuño de 2018. Os socialistas apoiaron este sábado a concentración dos traballadores e da Asociación afectados pola louseiras de Santa María Maior e Lindin, que se celebrou esta mañá diante da Praza do Concello de Mondoñedo.

Na concentración participaron os Concelleiros socialistas da cidade; Esperanza González e Jose Luís García, o Deputado Autonómico pola provincia de Lugo, Luís Álvarez, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocio García acompañada por membros da súa corporación.

O Grupo Socialista leeu o seguinte manifesto na concentración;

Bos días a todos, hoxe estamos aquí, para reafirmar o noso compromiso con veciños da Veira do Rio e Lindin afectados polos incumprimentos desta explotación. E demandamos, o que xa rexistramos no Parlamento de Galicia no seu dia;

-Facer cumprir as normas de seguridade as persoas e bens na explotación da canteira da empresa PIVERI S.L. no concello de Mondoñedo.

– Facer cumprir as normas de seguridade laboral nesta explotación, e que se lle pague o que se adebeda aos traballadores.

– E facer cumprir as normas medioambientais.

Os veciños e traballadores afectados por esta explotación deben ter garantidos os seus dereitos; os veciños para poder vivir en paz e poder desfrutar das súas propiedade, e os traballadores para exercer o seu traballo en condicións de seguridade tanto laboral como económica. Contades co noso apoio. Esta loita é longa, pero seguro que a gañaremos. Forza a todos e a todas.

Exit mobile version