Site icon Crónica3.com A Mariña

“OUTRO PORTAZO Ó EMPREGO”

No pleno celebrado o pasado 6 de xuño, o grupo Popular presentabamos unha moción para que Viveiro se adherise ó convenio “Concellos Emprendedores”, para fomentar a implantación e fixación de empresas no noso municipio – protocolo que foi asinado pola Xunta e a FEGAMP -.
Unha vez máis, e como acontece sistematicamente sempre que o PP de Viveiro fai unha proposta para a creación de emprego no noso concello, esta foi rechazada polo equipo de goberno socialista comandado pola Sra. Loureiro.
Pouco parece importarlle á Sra. Alcaldesa os indudables beneficios que xenera o asentamento de empresas na nosa localidade, tales como o emprego – sin dúbida a mellor política social -, a xeración de riqueza ou o asentamento da poboación. Hai que lembrar que non se asentan grandes empresas no noso concello dende o ano 2000, as últimas foron Vestas e EV gracias as xestións do goberno municpal do PP daquela época.
Dende o PP de Viveiro temos planteado numerosas propostas e iniciativas para que, dentro das posibilidades de ámbito local, se potenciase a creación de emprego: solicitude dos obradoiros de emprego – non o fixeron nin no 2015, nin no 2017 e no 2016 non deron completada a documentación requerida -, creación dun vivero de empresas – rechazada a nosa proposta no pleno de setembro de 2016 -, que solicitasen unha subvención para un axente local de emprego – tampouco fixeron caso ata o día de hoxe -, plan municipal de emprego dotado cunha cantidade aceptable – no 2016 crearon un cunha cantidade pirrica que non recibiu ningunha solicitude e como consecuencia no 2017 xa non o ofertaron -.
Como se pode comprobar toda unha serie de propostas encamiñadas á creación de emprego, pero que ó equipo de goberno municipal socialista non lles importan en absoluto, xa que unha e outra vez lle dan un “portazo” as nosas iniciativas, apesares de ser Viveiro o Concello de toda a Mariña que, desgraciadamente, rexistra sempre un maior número de parados, en concreto no mes de maio foron 925.
O certo é que unha vez máis se demostra a inacción e a falta de compromiso da Sra. Loureiro cos seus veciños e co seu programa electoral co que concurriu ás eleccións municpais de 2015, onde sinalaba no apartado de emprego como “obxectivo prioritario a creación de emprego, tanto na xuventude como en veciños de mediana idade” ou mesmo da “potenciación do polígono industrial de Landrove “. Como se pode comprobar, tres anos despois so é papel mollado, falar por falar, dado que os feitos amosan outra realidade ben distinta, a ausencia total de compromiso por potenciar medidas que xeren emprego no noso concello.

Exit mobile version