Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras na XXXI Travesía Costa Naviega

Burela 18-6-18. O pasado domingo 30 sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela desprazáronse a Navia, para realizar unha das rutas mais concorridas do norte de España, a XXXI Travesía Costa Naviega.
Esta ruta de 20 Km. aparece no libro Guiness no ano 1991, xa que logrou xuntar case 6000 participantes. Nesta ocasión foron 1600 os camiñantes.
Percorre toda a costa de Navia coas súas praias: Barayo, A Losera, Frexulfe, Fabal, Coedo ou A Bragada entre outras, tamén pasa por Puerto de Vega, Pobo Exemplar de Asturias.
Desde Pasada dás Cabras agradecemos aos compañeiros de Peña Furada, asociación organizadora da ruta, polo seu fabuloso traballo e o trato recibido.

Exit mobile version