Site icon Crónica3.com A Mariña

Permisos para as fogueiras en Cervo

Cervo 20-6-18. Desde a delegación de Seguridade Cidadá que dirixe José Ramón Soto, lémbrase que o prazo para solicitar o permiso obrigatorio para poder prender a fogueira na noite de San Xoán, remata este xoves, 21 de xuño.

Para que estea autorizada, unha das persoas da organización, maior de idade, deberá facerse responsable da mesma, achegando datos de contacto, como o nome e o teléfono, así como o lugar exacto no que se vai facer o lume; para que en todo momento dende o Concello as poidamos ter localizadas para dar resposta inmediata no caso de que se produza algunha incidencia.

Soto recordou que o obxectivo que se pretende “é levar un control de todas e cada unha das fogueiras que van estar activas nesa noite de San Xoán, para que se fagan en base ás normas básicas de seguridade e convivencia; tendo en conta que no noso Concello é habitual contar con máis de 100 lumes activos nesa noite”.

AS SOLICITUDES DEBERÁN PRESENTARSE NO REXISTRO DO CONCELLO OU NA CASA DA CULTURA, EN SAN CIBRAO

Exit mobile version