Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas do PP de Viveiro sobre a tala masiva de árbores no parque Pernas Peon

En Viveiro a 31 de maio de 2018. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

O PP de Viveiro tense interesado e asi o temos comunicado ó equipo de goberno local en distintos plenos, o último no pleno do 2 de maio deste ano, polas malas condición que presentaban algúns eucaliptos e pinos do parque Pernas Peón, así como preguntado polas solucións a adoptar ante a perigosa plaga de procesionaria existente neste lugar tan emblemático do noso Concello.

Neste último pleno reseñado, a Sra. Alcaldesa nos contestaba que se eliminarían os pinos e eucaliptos que supuxeran un perigo. Que se contrataría unha empresa e que habería que estudiar con detención a solución a adoptar para ver se se precisaban cortar máis árbores, cales necesitarían unha poda en altura e sen esquecer a repoboación conseguinte.

A mediados do mes de maio, unha empresa procedía a corta destas árbores, sendo a nosa sorpresa maiuscula ó comprobar como se cargaban todo o pinar próximo ó instituto María Sarmiento, talando árbores nalgúns casos centenarios.

Ante o desarrollo dos feitos e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra Alcaldesa:

1 – En base a que estudios ou informes técnicos se determinou a tala indoscriminada destas árbores?

2 – En base a que criterios se escolleu a empresa responsable da corta destas árbores?

3 – Cal foi o custe da actuación desta empresa para arcas municipais?

4 – Que cantidade obtivo o Concello pola venta da madeira cortada?

5 – Teñen xa elaborado algún informe técnico para a conseguinte repoboación?

6 – En caso afirmativo, por quen está elaborado?

7 – Cando teñen pensado levar a cabo dita repoboación?

Exit mobile version