Actualmente un grupo de persoas e colectivos, entre eles A Pomba do Arco, estamos traballando na edición dun xornal diario en papel para rematar coa anomalía de que o galego sexa o único idioma do estado que non conta cun diario escrito e para contribuír a normalización da nosa lingua.
A tal fin convocámosvos a un acto público que se celebrará o xoves 28 de xuño ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz, onde informaremos sobre esta iniciativa e os pasos a dar para convertela en realidade. No acto tomarán a palabra Xabier Grandio, directivo d´A Pomba do Arco, Mónica Pazos, presidenta da Mesa pola normalización lingüística, e Xoán Costa, membro da comisión promotora do diario galego