Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos e preguntas do PP de Viveiro para o pleno de xullo

Viveiro 22-6-18. Antonio J. Bouza Rodil , en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación a seguinte PREGUNTA e estes ROGOS para o próximo Pleno :

Varios veciños se dirixiron o noso grupo para manifestarnos o lamentable estado no que se encontra a pista de Freixido ( que vai desde San Pedro a Valdemirós ).

Ante esta situación e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1- Teñen coñecemento do mal estado no que se encontra dita pista?
2 – En caso afirmativo, teñen pensado adoptar algunha medida para darlle solución a esta situación de deterioro?
3- De ser asi, cando pensan facelo?

1) No paso de peóns situado na baixada de Verxeles e preto da ponte do tren en Xunqueira, puidemos comprobar como non existe ningún tipo de rebaixe nas beirarrúas, o que sin dúbida dificulta moito o acceso á hora de atravesalo, tanto para todos aqueles que leven un carrito de bebé, que vaian nunha cadeira de rodas ou mesmo circulen en bicicleta.

Ao obxecto de subsanar esta deficiencia e en aras de romper con barreiras arquitectónicas que dificulten a cómoda circulación de peóns polo noso Concello, e polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que se adopten, a maior brevidade posible, as medidas necesarias para dar solución a este problema.

2) Varios veciños de Aralde, Carreira e Fontecoba nos informaron de que non dispoñen de contenedores para a recollida do lixo, por este motivo lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que proceda a colocación dos mesmos para que estes veciños poidan depositar a basura nos mesmos.

3) Algúns veciños e comerciantes da Plaza Maior e da rúa Margarita Pardo de Cela, trasladaronlle o noso grupo a necesidade da colocación dalguhas papeleiras tanto na Plaza Maior como na citada rúa., o que sin dúbida contribuirá a ter un entorno máis limpio e a un medio ambiente máis coidado. Por este motivo lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa a colocación das mesmas nos lugares sinalados, asi como que se faga unha revisión dentro do casco histórico por si fose necesario a colocación dalgunha máis noutros puntos.

Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Partido Popular de Viveio

Exit mobile version