
Os actos comezaron arredor das 19.00 h coa actuación do grupo Saíñas, de Xove, dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo e xogos populares. De seguido, pancetada/chourizada e para rematar o día prendeuse lume á fogueira ademais de gozar dunha queimada. Con esta actividade, a Asociación dá por rematada a tempada 2017-2018 e aínda que durante o verán están programadas xa varias citas (25 de xullo: Camiñata a Sargadelos; 15 e 16 de setembro: Festas patronais na honra a Santa Eufemia) non será ata finais de setembro cando se retome a actividade habitual da Asociación.