Site icon Crónica3.com A Mariña

Sendeirismo Xove desprazouse a Ancares, para facer a Ruta “Porto de Ancares-Miravalles-Balouta”

O pasado domingo os participantes realizaron esta Ruta de Montañismo que despois de sair do Porto de Ancares, (onde chegou por tres anos a Volta Ciclista a España), alcanzou o Pico Miravalles con 1969 m. de altura, o segundo pico mais alto de Ancares. Unha espectacular ruta cresteando a Serra de Ancares pola zona leonesa, cruzando neveros de máis dun metro de espesor, e con preciosas vistas dos 6 vales de Ancares. O remate foi na aldea de Balouta, típica polas súas pallozas.

Exit mobile version