Site icon Crónica3.com A Mariña

Shopping weekend en Viveiro

Viveiro 8-6-18. O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 8 e o sábado 9 de Xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 62 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Esta é a edición máis concurrida en canto ó número de locais participantes de tódalas que se levan realizado. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc.

Os locais participantes son:

– Óptica Rosario – Cesar Cocina y Baño
– Confecciones Justo Vázquez – Equivalenza
– Muebles Iglesias – Irimia
– Platax – Grafity
– Regalos Sulian – Calzados Vogue
– Madrás – Esprit
– La Óptica Viveiro – Lencería Canela
– Van Surf Sneakers – Dandara
– Van Surf Shop – Naútica Beagle
– África Copias – Rockids
– Jonathans – Contigo en tu Dia
– Óptica Casariego – Raquel Seijido
– Las Fidalgas – Carlos Fotógrafos
– Tacones – Keweë
– Kody Kids – Joyería Paleo
– Roupa – Estanco Casanova
– Calzados Albo – Kandela Iluminación
– Albo Zapaterías – Mobiltom
– Albo zapatillería – Nacar
– Piti Deportes – El Faro
– Kerale Moda – Petit Bebé
– Oscar Rodríguez Joyeros – Paquetería Mónica
– Fontana – Depidel
– Miss-tic – Carnicería Mariño
– Oxígeno Surf – Dr. Zapato
– Kalea Platería – Librería Neira
– Fontenova Panadería – La Tienda de Aradia
– Cerámica Regal – Peluquería Richard XFavor
– La Huerta – A Tenda da Calexa
– Deportes Don Balón – Peluquería Angeles Salgueiro
– Baühaüs – Paquetería Lage

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.

Exit mobile version