A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello de Xove informa da apertura do prazo para solicitar autorización para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán. O prazo, que se abre o próximo luns 4 de xuño, rematará o mércores 20 de xuño. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina. Non é válido o permiso de queima agrícola.