Site icon Crónica3.com A Mariña

Tai e Sofía non defenderán a camisola laranxa a vindeira tempada

Burela 20-6-18. A brasileira Taiane Menezes e a ribadense Sofía Vázquez non defenderán a camisola laranxa a vindeira tempada.
A ala canarinha estreouse na liga española en 2017-18 co Pescados Rubén Burela FS, nun exercicio no que deu mostras da súa calidade e desequilibrio no un contra un, aínda que tamén estivo moi condicionada polas lesións. A novísima Xoia Sofía despídese da escuadra mariñá despois de dúas tempadas de formación e crecemento.
“Agradecemos a dedicación de ambas as xogadoras durante a súa estancia en Burela. Estamos seguros de que teñen un futuro prometedor no seu próximo destino” explicaba o presidente, Manuel Blanco.

Exit mobile version