Site icon Crónica3.com A Mariña

Un record do mundo e 8 medallas de ouro, 1 de prata e 1 de bronce acadaron os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro no campionato galego de veteráns de pista ó aire libre

Viveiro 19-6-18. O pasado sábado celebrouse nas pistas do CGTD de Pontevedra o Campionato Galego de Veteráns de Pista Cuberta que se desenrolou en xornada de mañá e tarde, contando cunha participación masiva de atletas de todos os clubs galegos.
As bancadas do estadio estiveron cheas de xente gozando do mellor de todos os campeinatos galegos celebrados ata agora, demostrando que cada vez son máis os atletas veteráns en Galicia.
O gran destacado da proba foi o atleta José Rioseco do C.D.Egovarros-Viveiro que bateu o record do mundo na proba dos 1500 metros na categoría de M75, facendo un extraordinario tempo de 5:11:27, rebaixando en 11 segundos a anterior plusmarca mundial que estaba en posesión do atleta xaponés Shichiro Midorikawa que tiña un tempo de 5:22:40, a próxima proba na que participará Rioseco será o Campeonato de España en Vitoria que lle servirá de preparación para rematar a tempada co campionato do mundo que se celebrará no mes de setembro en Málaga.
Outros medallistas foron na categoría femenina: Susana Parguiña foi campeona galega nos 1500m e 5000m en W50. No apartado masculino: Domingo Álvarez na categoría de M65, foi medalla de ouro nos 800m e nos 1500m e medalla de prata nos 400m, Salvador Patiño en categoría M65 foi medalla de ouro en salto de lonxitude e en lanzamento de peso, Luis Miguel García na categoría M60, conseguiu a medalla de bronce en 200m e Andrés Piñón en M45 foi medalla de ouro na proba de 5000 metros.
Outros atletas que tamén destacaron foron: Rubén Vila, Jose Ángel López, Marcelo Vasquez e Roberto Collazo.

Exit mobile version