Site icon Crónica3.com A Mariña

Vidal Baamonde participa na xornada formativa para propietarios de vivendas turísticas en Viveiro

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou este domingo na Biblioteca municipal de Viveiro na xornada para propietarios de vivendas de uso turístico da provincia que organiza AVITURGA (Asociación de Vivendas turísticas de Galicia) en colaboración co Executivo Provincial e o Concello de Viveiro. Trátase da segunda xornada gratuíta que ten como obxectivo clarificar os aspectos que introduce o novo decreto 12/2017 da Xunta de Galicia, así como mellorar as aptitudes dos propietarios para ofrecer un servizo de máis calidade profesional de cara ao público.

Exit mobile version