Site icon Crónica3.com A Mariña

1ª doble milla San Bartolo – Xove

Xove 19-7-18. Este xoves tivo lugar no Pavillón de Deportes do Concello de Xove a presentación da I doble milla San Bartolo – Xove, coa presencia do Alcalde, Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, o xerente de CC Norte, e representantes das asociación colaboradoras, Pau da Vella, ACD Xove e Club Ciclista Komando Xoviético.
A proba disputarase o vindeiro día 29 de xullo durante a mañá.
É a primeira vez que se celebra en Xove unha carreira pertencente ó Tourmariña 2018, puntuable en dito Tour.
Animamos a tódolos veciños da Mariña, e tamén de fóra, a que se apunten a unha carreira das máis atractivas polo seu percorrido. Vaise celebrar integramente no casco urbán de Xove, centralizando a saída e chegada no Centro Cívico, enfronte do edificio do Concello.

Exit mobile version