
Cincuenta persoas, a maior parte delas veciñas da Mariña, pero tamén algúns residentes en Outeiro de Rei e no Occidente astur, participaron este pasado sábado nunha excursión a Baiona e A Guarda. Foi organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado. A actividade incluíu unha visita ao castro de Santa Tegra, despois fixeron un percorrido por A Guarda, onde se celebraba a Festa do Peixe Espada; a continuación comeron en Oia, concretamente no restaurante A Raíña, e pola tarde visitaron Baiona.