As instalacións do Centro Cívico, con 30 anos en funcionamento, foron froito, nos anos 80 do pasado século, dun concurso aberto no que participaron máis de 20 equipos de arquitectura, contándose xa naquel momento coa asesoría do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia. Despois de 30 anos de uso intensivo, as instalacións do Centro precisan dunha renovación profunda. Para a realización da mesma preténdese contar cos mellores recursos e o mellor asesoramento externo.
Neste sentido, o alcalde Demetrio Salgueiro acaba de asinar un Convenio con Raul José Veiga, Presidente do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia en Lugo.