Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña desenvolve o programa Coidando de Min II

A Mariña 10-7-18. A Asocicación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña concedéuselle unha subvención que permite a realización do programa, dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, Coidando de Min II. Este programa está subvencionado pola Secreatría Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo (FSE 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.3, obxectivo específico 9.3.1 ) e estase a desenvolver dende o 1 de xaneiro de 2018 ata o 31 de xullo de 2018
Coa realización deste programa pretendemos conseguir que as mulleres participantes aumenten a seguridade en sí mesmas, participen activamente na comunidade, melloren na xestión de situacións adversas, aumenten a súa rede social de apoio e a ausencia de recaídas.

Exit mobile version