Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Mujeres en Igualdad Burela presenta o xoves 26 de xullo de 2018, as 11:00 horas, na Casa da Cultura de Foz, a terceira edición do programa de emprego  “PRIAPE para mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Muller: o teu traballo, a túa liberdade”

Trátase dun programa de inserción sociolaboral no que se ofrece información, orientación e asesoramento personalizado para a busca de emprego ademáis de formación. As mulleres terán ao seu dispor un servizo de orientación laboral e información sobre recursos, servizo de apoio psicolóxico, asesoría xurídica…
Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

Exit mobile version