Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrece este mércores, o concerto do Día da Patria Galega

Ribadeo, 24 de xullo de 2018. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrece este mércores, 25 de xullo, o concerto para celebrar o Día da Patria Galega. Será ás 20:30 horas no escenario instalado no parque de San Francisco.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo empeza coa súa serie de concertos desta tempada de verán. O primeiro será o mércores, 25 de xullo, ás oito e media da tarde, no parque San Francisco, con motivo do Día da Patria Galega. O repertorio será variado, tanto con obras galegas como doutros estilos; xa que a banda participou con anterioridade no Ribadeo Indiano incluiremos algunha obra das que tocamos nesas datas. En caso de choiva ou mal tempo, trasladarémonos ao Teatro”.

Exit mobile version