Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación impulsa a XX edición do Mercado Medieval de Alfoz que reunirá a preto de 4.000 visitantes

Lugo, 16 de xullo de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, acompañada polo Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, e o Concelleiro de Desenvolvemento Local do municipio, Xabier Pardiñas Suárez presentaron este martes no Pazo de San Marcos o XX Mercado Medieval de Alfoz, que terá lugar esta fin de semana no Castro de Ouro e reunirá en torno a 4.000 persoas neste Concello da Mariña para desfrutar das preto de 20 actividades que o compoñen. A Deputación é o principal patrocinador do evento, que organizan os veciños en colaboración co Concello, cunha achega de preto 5.500 euros.

García Porto quixo destacar que “este é un evento festivo, que ten tamén un gran interese histórico pola posta en valor que se fai da figura do Mariscal Pardo de Cela, pero por riba de todo isto, este mercado é un grande revulsivo económico para o Concello de Alfoz xa que durante un fin de semana enteiro duplicará a súa poboación coa chegada de visitantes que coñecerán o Concello.”

Pola súa parte Val Díaz quixo agradecer á Deputación “que aposte un ano máis por este mercado, que é xa toda unha referencia a nivel galego, feito co cariño do veciños, que é tan importante para a economía do noso Concello e que, ademais, actúa como reclamo turístico, dando a coñecer o noso municipio e un ben cultural e histórico tan importante como é a fortaleza do Castro de Ouro”.

O XX Mercado Medieval de Alfoz

Este ano o Mercado Medieval cumpre a súa segunda década e farao con ata 20 actividades distintas como: desfiles, rutas de sendeirismo, exhibicións de cetrería, representacións, xantares e ceas, xogos, teatro e demostración de oficios. Ademais destas actividades, haberá unha feira de artesanía que contará con preto de 40 postos de todo tipo de oficios, dos que tamén haberá mostras. O Programa completo é o seguinte:
Venres 20 de Xullo
Ás 21:30 horas: Chegada do Mariscal Pedro Pardo de Cela e desfile de traxes medievais. Deseguido danzas medievais.
Ás 00:00 horas: Queimada conxuro e música.

Sábado 21 de Xullo
Ás 09:15 horas: Ruta de Sendeirismo “As fortalezas do Mariscal”.
Ás 11:00 horas: Inicio do XX Mercado Medieval
Ás 11:30 horas. Exhibición de aves de cetrería
Ás 12:00 horas: Pregón a cargo de Miqui Otero.
Ás 13:30 horas: Nomeamento, bendición e imposición de medallas aos Escudeiros do Castro.
Ás 14:00 horas: Asalto ás tabernas
Ás 14:30 horas: Hora do xantar coa música de Souto Ximaro e Os trobadores de Piñeiro.
Ás 16:00 horas: Xogos Valecos.
Ás 16:30 horas: Exhibición e proba de tiro con arco da man do Club de tiro Castelarco.
Ás 17:00 horas: Voo de aves de cetrería.
Ás 18:00 horas: Espectáculo de xogos malabares coa compañía Asacocirco
Ás 18:30 horas: Revolta Irmandiña infantil.
Ás 18:45 horas: Xogos ecuestres.
Ás 19:30 horas: Comezo da Procura do Segredo do Mariscal.
Ás 20:00 horas: Pausa para desfrutar das tabernas.
Ás 20:30 horas: Teatro “Romances” de Micromina Tïteres.
Ás 21:30 horas: Gran cea medieval acompañada de malabares.
Ás 23:00 horas: Escenificación de “Credo, credo, credo”.

Exit mobile version