Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación mellora con 104.000 euros a vía que vai do Vicedo ao Cristo de Portapena

Lugo, 22 de xullo de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou que o Goberno da Deputación aprobou en Xunta de Goberno investir case 104.000 euros na rehabilitación do firme con aglomerado en quente e instalación de sinalización horizontal e vertical, de 3,5 quilómetros da LU-P-6402, que vai dende Vicedo (LU-P-6404) a Cruz de Pardiñeira, Cristo de Portapena (LU-P-6406) ata o ramal á LU-P-6401 entre os puntos quilométricos 9,3 ao 12,8.

Campos Conde destacou que “dende o Goberno Provincial buscamos mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, dentro da nosa clara aposta por ser unha Deputación rural, sumamente social e coas persoas. Nesta ocasión facémolo a través destas actuacións na LU-P-6402, que mellorarán as comunicacións dos veciños da Parroquias de Santa María de Cabanas e de Riobarba, xa que as conecta co núcleo urbano do Vicedo”.

O Presidente subliñou que “o que buscamos é que os máis de 150 veciños destas parroquias poidan acceder dunha maneira máis cómoda e segura ata os centros de interese que non poden atopar nos seus lugares de residencia, como o son o centro médico, a farmacia, ou a zona comercial”.

Os traballos nesta estrada, que beneficiarán aos máis de 150 veciños da Parroquia de Santa María de Cabanas e de Ríobarba, consistirán no acondicionamento do firme con aglomerado quente e mellora na sinalización, nun treito de 3,5 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 9,3 e 12,8.

Trátase dunha vía fundamental para a Parroquia de Santa María de Cabanas e para a parroquia de Riobarba, debido a que conecta aos veciños das diferentes parroquias cos principais núcleos urbanos da zona.

Exit mobile version