Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mancomunidade de Municipios da Mariña recibiu unha subvención de 85.000 euros para mercar contedores de lixo. No pleno de agosto tratarare o reparto deste material entre os concellos

A Mariña, 28 de xullo de 2018. A Mancomunidade de Municipios da Mariña ven de recibir unha subvención de 85.000 euros, dos 119.000 solicitados, para mercar contedores de lixo. O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, anuncia que no mes de agosto se celebrará o pleno no que se tratará o reparto deste material entre os concellos.
Llano lembrou que “a Mancomunidade ten pedido unha subvención para temas que teñen relación co medio ambiente e este ano decidimos solicitar, ao igual que o ano pasado, unha subvención para mercar contedores de todo tipo, tanto de lixo orgánico, como de papel e de plástico. Pedimos unha subvención, que máis ou menos valoramos e fixemos a contía de todas as necesidades, e sumaba 119.000 euros”.
O presidente da Mancomunidade engadiu que “nos deron unha subvención por importe de 85.000 euros, o que significa que nos deron o 75% do solicitado”.
Alfredo Llano anunciou que “imos facer un pleno no mes de agosto para informar a todos os concellos, ver como saen as partidas, os prezos e o reparto. Falar do tema e que nos quede claro para despois poder tomar decisións en firme para que todos os concellos leven os contedores que teñen solicitado. Farémolo nun pleno para aprobar tamén a conta xeral, se a temos xa lista, e miraremos de sacar a licitación a contratación da empresa que nos vai dotar destes contedores”.

Exit mobile version