Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria de A Mariña cuestina os números do SERGAS

A Mariña , 21 de xullo de 2018. Diante das novas publicadas hoxe pola prensa nas que o Sergas volve dar cifras das agardas para probas diágnósticas de 35,9 días de media no primeiro semestre do ano ou de 34 días de espera media para unha primeira cita en consultas con especialistas , a Plataforma sanitaria manifesta que este novo tuneado de datos con cifras que están lonxe das reais só pode obedecer ao intento de tapar a desastrosa xestión que se está a facer por parte desta xerencia en canto a recotes indecentes de persoal con peches de camas enmascarados.
Tanto o portavoz como a coordinadora do colectivo instan ao Sergas e á Xerencia do hospital a que se queren dar a coñecer datos veraces das agardas para probas diagnósticas ou primeiras citas en consultas de atención especializada “pregunten antes a quen chamaron para facer unha proba de esforzo tras dous anos agardando desesperado , previa reclamación a través da Plataforma , con nota de prensa e denuncia no xulgado.Ou aos centos de persoas que levan esperando un ano ou máis para facer rehabilitación en clínica privada e cando van preguntar cado @s chamarán desde a clínica respostan que nen siquera recibiron do hospital a orde e expediente para poder chamal@s. Ou @s moit@s pacientes que tras facer unha proba cardiolóxica levan un ano ou dous sen ser chamad@s para coñecer os resultados e saber se teñen que seguir tomando o tratamento que lles puxeron que siguen atomar sen ningún control do especialista . Desde a Plataforma Sanitaria insisten na desvergonza , a falta de ética e sensibilidade que estan a amosar tano o Sergas como a xerencia e préganlle encarecidamente que “ deixen de xogar co sufrimento da xente e que non se rían máis das mariñás e mariñaos”.

Exit mobile version