Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta formaliza as reformas de mellora da eficiencia enerxética nas fachadas do Hospital

Burela, 21 de xullo de 2018.- A Xunta de Galicia vén de contratar ao estudo Herráez Arquitectura para encargarse de redactar o proxecto básico e de execución que permitirá remodelar a fachada do edificio do Hospital da Costa e introducir distintas medidas de mellora da eficiencia enerxética neste centro.

O proxecto, que suporá un investimento inicial de preto de 43.000 euros, permitirá definir os traballos a realizar para a mellora da envolvente térmica do edificio, e substitución de carpintarías exteriores, portas e ventás, no espazo non afectado pola ampliación e polo tanto nas fachadas que non son de nova construción.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a iniciativa busca completar a remodelación integral do centro hospitalario público da Mariña lucense, de tal xeito que unha vez rematen todas as obras, o conxunto das instalacións presenten un espazo mellorado e moderno, máis cómodo e confortable, ao servizo dos doentes e do cadro de persoal que alí traballa.

Xunto a iso, a introdución de medidas de mellora da eficiencia enerxética, contribuirán a obter un aforro de 443.057 kwh ao ano que, cuantificando en diñeiro suporá unha redución do gasto enerxético estimada en 22.000 euros anuais

As primeiras estimacións cuantifican o investimento necesario para a execución destas obras en preto de 700.000 euros e inclúen desde o revestimento da fachada e das cubertas cun sistema de illamento térmico e a súa impermeabilización. Ademais se substituirán a carpintería de portas e ventás exteriores máis antigas por outras de aluminio con rotura de ponte térmica e dobre acristalamento.

De xeito paralelo ao proxecto hoxe contratado, a Xunta tamén ten en marcha un plan de substitución dos sistemas de iluminación para a progresiva introdución da tecnoloxía LED, moito más efectiva desde o punto de vista lumínico e de menor consumo para maiores prestacións, así como sistemas de apagado automático ou para detectar a presenza ou non de persoas en corredores ou estancias que non precisan de iluminación continua.

Balseiro insiste en que esta e outras iniciativas, complementarios á ambiciosa obra de ampliación e remodelación do centro, que está na recta final desta primeira fase, son unha proba máis da aposta da Xunta por este centro sanitario”.

Exit mobile version