Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa valora de xeito positivo a reapertura da rúa San Roque, tras casi tres meses pechada para realizar as obras de reforma ás que foi sometida

Ribadeo, 17 de xullo de 2018. Acisa valora de xeito positivo a reapertura ao tráfico de vehículos da rúa San Roque.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, sinalou que “nos alegra que abran xa a rúa San Roque, tras preto de tres meses pechada para facer as correspondentes obras de reforma. Foron semanas duras para os establecementos comerciais e hostaleiros desta vía. Somos conscientes de que acometendo obras se ocasionan molestias e estabamos desexando volver á normalidade canto antes”.
Iriarte engadiu que “polo que se nos comunicou por parte do Concello a rúa San Roque ábrese ao tráfico nos dous sentidos da circulación, tal e como estaba”.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos recoñeceu que “unha vez que remate a segunda fase da remodelación desta rúa, a que vai desde a rúa Vilalba ata Virxe do Camiño, consideramos necesario analizar a situación do tráfico en toda esta zona da vila e ver as posibilidades que hai de realizar algunhas modificacións que desde o noso colectivo empresarial consideramos interesantes. Pero iso será unha vez que todo estea rematado. Queremos abordar este asunto en profundidade co Concello de Ribadeo”.
Para Paco Iriarte “é importante que en pleno verán se poida circular con comodidade polas rúas de Ribadeo. Non hai prazas de aparcamento como antes en San Roque, pero temos o aparcamento municipal a uns minutos, así como toda a zona de Lazurtegui. Toca ir acostumándose á nova situación”.

Exit mobile version