Site icon Crónica3.com A Mariña

Apertura de prazo de inscrición para elaborar unha lista de agarda no campamento de verán 2018 do Concello de Viveiro

Vistas as 121 solicitudes presentadas para o campamento de verán no que se ofertaron 120 prazas e, ante as posibles continxencias que podan xurdir, coa finalidade de que non queden vacantes sen cubrir, o Concello de Viveiro abre un prazo de inscrición para confeccionar unha lista de agarda para todos os nenos e nenas empadroados en Viveiro, nacidos entre os anos 2006 e 2014, ambos incluídos. O prazo para presentar nova solicitudes permanecerá aberto durante toda a duración do campamento.

Exit mobile version