Site icon Crónica3.com A Mariña

Arranca a tempada do Praias de Barreiros

Barreiros 21-7-18. Arrancamos motores para poñer en marcha o equipo Sénior de cara o novo reto de Terceira División, e como no pode ser doutra maneira, empezamos por blindar a portería.
O Presidente recibe a Cesar Franco Grandío, o porteiro da canteira que renova un ano máis co Praias de Barreiros.
Si se pode ter un exemplo claro de traballo e compromiso, Cesar é un deles. Porteiro que traballa día a día para seguir mellorando e se implica como o máis veterano dentro da plantilla, e así é recoñecido polos seus compañeiros de vestiario.
Cando ten a oportunidade de saír a pista non se pon nervioso nin se deixa amedrentar plos rivais, dá a cara como calquera compañeiro veterano da plantilla.
Seguira unha tempada máis, onde esperamos que siga medrando como xogador e como persoa.

Ruben Novas (Cholas) continuará unha tempada máis.
O home que defende o número 1 dende o primeiro día de vida deste club é Cholas, porteiro coñecido no mundo do Futsal na mariña lucense e que cumprirá a súa quinta tempada no club barreirense, onde seguirá aportando toda a súa experiencia ao equipo.
Inda que a veces é difícil compaxinar traballo, paternidade e deporte, Cholas sigue crendo no equipo e loitará un ano máis por un proxecto no que empezou dende o dia 1.
Alfonso foi o encargado de firmar a renovación.

David Rodríguez Pernas continuará defendendo o marco barreirense.
O meta cervense, xunto con Cholas e César, serán os encargados de poñer o peche na portería do Praias de Barreiros.
E tamén un gran defensor do equipo, que xunto cos seus compañeiros, puxo todo o que puido e máis para lograr o ascenso.

Exit mobile version