Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia realizaron o pasado venres unha actividade titulada Taller de reciclaxe arte-mar

O escenario elixido foi a praia de Ril. Os máis pequenos fixeron pequenas obras de arte relacionadas co mundo mariño, a modo de mosaico, utilizando cordas, boias, redes, etc… restos que aparecen nas praias. Desde Gaia explican que “con esta actividade preténdese promover o respecto polo medio ambiente así como a necesidade de conservalo e protexelo dos posibles danos que voluntaria ou involuntariamente producimos como usuarios das praias”.

Exit mobile version