Site icon Crónica3.com A Mariña

Billarda no Ribadeo Indiano

Ribadeo 7 xullo 2018. Como non podía ser doutro xeito, a Liga Nacional da Billarda estivo presente na homenaxe que dende fai xa un lustro, Ribadeo rende aos nosos emigrantes.

No xardín de Indianos e dentro da programación de actos do sábado día 7, celebrouse o “III aberto de Quimbumbia” (o nome que a billarda se lle dá en terras cubanas donde tamén se practica), con unha moi boa participación de palanadores de tódalas idades. Entre o fato de figuras xa destacadas da LNB, temos que subliñar a presencia de moitos cativos que aprenderon a xogar e disfrutaron de este noso deporte ancestral.

Tódolos participantes, ataviados con roupas claras daquela época, deron maior explendor a este xa de por sí vistoso e deportivo evento que foi seguido por un numeroso público que se achegaba a curiosear e demandaba información sobre un xogo, para a maioría desconocido.

A tarde tamén axudou o lucimento das incipientes estrelas e por suposto ó das xa con sagradas e conocidas dentro da LNB.

O título de “Indiano Maior 2018” foi para Daniel, segundo Manolo Pozo e terceiro David Navallo. Os tres campións foron agasallados con sendas artísticas cerámicas asinadas por Alfonso Otero Regal e para os mais cativos houbo chuches a moreas.

A vindeira cita en Baltar, no Festival da Chaira o sábado 21. Agardamos por todos.

Exit mobile version