Burela 23-7-18. A asociación Mujeres en Igualdad Burela (BUMEI) presenta o martes 24 de xullo de 2018, as 12:00 horas, no salón de actos da Casa do Mar de Burela a terceira edición do programa de emprego “PRIAPE PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE. MULLER: O TEU TRABALLO, A TÚA LIBERDADE”
Trátase dun programa de inserción sociolaboral no que se ofrece información, orientación e asesoramento personalizado para a busca de emprego ademáis de formación. As mulleres Terán ao seu dispor un servizo de orientación laboral e información sobre recursos, servizo de apoio psicolóxico, asesoría xurídica…
Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.