Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela conta por primeira vez na historia con equipo de fútbol feminino. Para Ramiro Fernández, que asistiu ao inicio dos adestramentos, foi un día histórico para a localidade

Burela, 19 de xullo de 2018. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, asistiu ao inicio dos adestramentos do primeiro equipo de fútbol feminino da historia burelesa. O edil felicitou ás xogadoras, ao corpo técnico e a SD Burela e agarda que estas rapazas sexan quen de animar á xente a gozar do fútbol feminino na localidade.
Fernández Rey comentou que “asistimos ao primeiro adestramento do equipo feminino de fútbol, un equipo feminino que se forma este ano, polo que podemos dicir que onte foi un día histórico para o fútbol de Burela. Fun alí a saudar tanto ao corpo técnico como ás xogadoras e tamén estaba a directiva”.
O concelleiro de Deportes quixo “felicitar á directiva da SD Burela por conseguir formar un equipo feminino. Xa temos un equipo de referencia como pode ser o Burela FS no aspecto feminino e agora contamos con este outro”.
Ramiro Fernández agarda que “estas rapazas, que empezaron onte con moitísima ilusión, sexan capaces de animar á xente a ir ver o fútbol feminino. Reiterar sobre todo a felicitación á directiva da SD Burela e esperemos que teñan moitos éxitos”.
E engadiu que “por parte do Concello desde logo imos apostar decididamente por esta modalidade, que é o fútbol feminino. Sempre estivemos loitando e premiando aos diferentes clubs que apostan polo deporte feminino, e repetir que é un día histórico para o fútbol de Burela”.

Exit mobile version