Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela estivo presente no encontro internacional de alfombristas celebrado en Bueu a pasada fin de semana

Burela, 16 de xullo de 2018. Burela estivo presente esta pasada fin de semana no Encontro Internacional de Alfombristas que se celebrou en Bueu. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, foi convidado pola asociación que realiza as alfombras florais en Burela a asistir a esta cita e fixo un balance moi positivo pola promoción que isto supón para a localidade.
O edil burelés comentou que “esta pasada fin de semana tiven o inmenso pracer e o orgullo de que fun invitado por membros da asociación das alfombras florais de Burela a acompañalos nun Encontro Internacional de Alfombristas que houbo en Bueu”.
Fernández Rey subliñou que “pasamos alí unha fin de semana moi agradable. Fomos moi ben atendidos polas autoridades e a organización deste encontro. Burela, como sempre, quedou perfectamente representada, quedamos á altura das circunstancias aínda que é verdade que había alfombras de moitísima calidade. Había xente de Cataluña, de Italia, de Tenerife… é dicir foi un encontro que lucía moitísimo os traballos alí feitos”.
O concelleiro de Turismo quixo “agradecer a esta representación das alfombras de Burela que me invitaran a poder acompañalos a este encontro e animalos a seguir con este traballo que fan, porque é un traballo de divulgación de Burela cando participan nestes actos. Darlles a noraboa polo excelente traballo que fixeron alí con esa alfombra na que se representaba todo o que é Burela, representábase o bonito, a pesca e tamén o torques. Agradecer a invitación e chamalos a seguir participando nestes encontros nos que poñen o nome de Burela máis no mapa, se cabe”.

Exit mobile version