Site icon Crónica3.com A Mariña

Calviá e Burela dous modelos de organización territorial

Calviá para os que non a coñezan é un concello da illa de Mallorca cunha poboación no termo municipal de arredor de 50.000 habitantes e una extensión de 145 km2, nada que ver polo tanto coa poboación e extensión de Burela arredor de 10.000 habitantes e 8 km2. Non vou facer polo tanto unha comparación dos dous concellos o cal non é posible ademáis de que as comparacións sexan odiosas, só vou tentar exponer dúas organizacións territoriais contrapostas, unha delas con varios núcleos de poboación separados por zonas rústicas e outra dunha soa localidade toda ela urbana.
Voltando á realidade do concello de Calviá, ten un litoral de preto de 50km, á capitalidade do Concello é una pequeña localidade no interior de arredor de 2.000 habitantes, pero no seu termo municipal atópanse localidades tan coñecidas coma Sta. Ponsa arredor de 10.000 hab, Palmanova (7.000 hab) Magaluf (4.000 hab), San Ferrer (6.000 hab) e outras de menor poboación. Non fai falla decir que é un dos concellos máis turísticos de todo o país o que lle permitiu pasar dos 4.000 hab que tiña polos anos 60 aos 50.000 de agora ao cal deberíamos engadirlle as máis de 60.000 prazas hoteleiras que posúe. Só engadir que o seu orzamento municipal está por riba dos 100 millóns de euros. Un dos concellos máis ricos non só de España senón un dos de máis renta per cápita de Europa.
Tampouco fai falla que describa a realidade de Burela, 10.000 hab moi concentrados en pouca extensión 7,8 km2 e arredor de 5 km de costa. Un concello que naceu no ano 1995 por segregación do antigo Concello de Cervo que naquel intre tiña arredor de 86 km2.
Estas son as realidades, como din na tele, súas son as opinión. Eu si quero dar a miña, dende o meu punto de vista concellos ou entidades coma a de Calviá teñen máis posibilidades en todos os sensos, non só de desenrolo económico, que tamén, senón social de interacción, de ser capaces de unir realidades diversas. É imposible que concellos que non reúnan un mínimo de poboación e de territorio poidan dar os servizos que os cidadáns demandan hoxe, e polo tanto ser suceptibles dun elevado desenrolo económico. No futuro para optimizar os recursos os concellos deberían ter un mínimo vital, neste senso a Mariña tería máis posibilidades de desenrolo se estivese constituida como máximo por dous ou tres concellos coma máximo, seguro que non acadarían o nivel de Calviá porque, entre outras cousas, a climatoloxía as comunicacións co resto de Europa son distintas, pero indubidablemente este é o camino.

José Pedro Chao Polo

Exit mobile version