Na xuntanza de traballo participaron ademais do rexedor local, Luís Enrique Mecati Granado (Subdirector de Medio Ambiente FEMP, Madrid), Ángel Viveros Gutiérrez (alcalde de Coslada), José Ventura Sousa Piña (asesor alcalde de Coslada), Antonio María Ávila Fernández (concejal de Badajoz), Alberto Merchante Ballesteros (alcalde de Albalate de Zorita, Guadalajara), Jesús García Martínez (alcalde de Albudeite, Murcia), Rafael Martínez Pérez (alcalde de San Martín de la Vega, Madrid), Antonia Picó Pérez (concejala de Medio Ambiente de Santa Eularia des Riu, Baleares), José Luís Rubio Rodríguez (concejal Medio Ambiente de Arnedo, La Rioja), José Jover Sanz (alcalde Villaviciosa de Odón, Madrid), Manuel Civera Salvador (alcalde de Llíria, Valencia) e Felipe Lubián Lubián (alcalde de Lubián, Zamora).
Villares quixo agradecerlles aos presentes a asistencia a esta reunión que se celebra por primeira vez en Galicia e que cremos que é relevante “para trasladar tamén á cidadanía a liña de traballo que se segue desde esta Comisión de Medio Ambiente, na que poñemos sobre a mesa aqueles asuntos de interese municipal que nos veñen marcados desde Europa; e vemos cales son as fórmulas para poder abordalos desde a nosa posición”.
Un dos temas sobre os que afondamos neste encontro foi a directiva de redución do consumo de bolsas de plástico, que fixa a obriga de cobralas, “creo que hai que facer tamén un chamamento a aqueles que gobernan en Europa para que acompañen estas normas con directrices máis esixentes, ir máis aló, obrigando a reducir ao mínimo os residuos que poden xerar os bens de consumo; como por exemplo retirando as bolsas de plástico do mercado, pero está claro que sempre hai intereses económicos que fan forza e dificultan a posta en marcha de regulamentos máis severos”, apuntou Villares.
Outro tema que se abordou foi a directiva de auga de consumo humano que afectará a aqueles municipios de máis de 5.000 habitantes calificándoos como grandes distribuidores de auga, o que traerá consigo maiores esixencias sanitarias e medioambientais, como a intensificacións das tomas de mostras, por exemplo, o que suporá un incremento do custe estimado no 15%.
Pola súa banda, o subdirector de Medio Ambiente da FEMP, Luís Enrique Mecati incidiu nos retos que ten por diante o municipalismo, que pasan por colaborar cos consumidores para conseguir un novo modelo de vida, “introducindo conceptos como a economía circular para buscar a fórmula coa que converter os residuos nun recurso máis”.
Así mesmo, Mecati apuntou que se aprobou unha guía, que vai ser sometida a consideración da Xunta de Goberno da FEMP, para garantir o acceso universal á auga, a través de mecanismos de cooperación como bonificacións as familias necesitadas, ou recorrendo a fondos de necesidade.
Na xuntanza tamén se afondou nos conceptos que defende a rede de Biodiversidade, da que Cervo forma parte, e que se centra en tentar erradicar especies invasoras como a unlla de gato ou o plumeiro da pampa.
Tamén desde a Comisión xa se iniciaron os traballos para elaborar un manual sobre economía circular que chegará a todos os municipios españois e que terá unha finalidade pedagóxica “co fin de que este concepto se difunda entre toda a cidadanía”.