Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto benéfico da Coral Polifónica de Ribadeo este venres

Ribadeo 19-7-18. Este venres ás 20:45, no auditorio Municipal terá lugar o tradicional concerto que a Coral vén realizando no verán, dende aquel primeiro que se realizara no Teatro de Ribadeo no ano 1955.
Nesta ocación, e como se vén facendo nos últimos anos, o concerto terá carácter benéfico e o recadado será doado á Asociación Contra o Cancro da nosa provincia, para destinalo á investigación desta enfermidade que a tantas persoas e familias afecta.
A entrada, cun donativo mínimo de 3 €, poderá adquirirse na taquilla do Auditorio dende as 7 da tarde do mesmo día do concerto.
O concerto que a Coral ofrecerá nesta ocasión leva por título Zarzuela e outras músicas e nel, ademais doutras pezas do repertorio habitual e dúas obras de estrea, interpretaranse seis fragmentos doutras tantas zarzuelas.
A Coral agradece de antemán, a tódalas persoas que desexen acompañalos, a súa solidariedade e a súa presenza neste novo concerto.

Exit mobile version