Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta semana 2 actividades socioculturais no Vicedo

O Vicedo 16-7-18. Esta semana, ademais da presentación en Lugo da Romaxe Viquinga (ás 11h no Multiusos da Xunta), temos 2 actividades socioculturais moi interesantes:

-Mércores 18 xullo: Mércores de natureza con Ruta por Barreiros, Praia das Catedrais e Rinlo. Trátase dunha ruta duns 17 km que percorrerá unha parte do Camiño natural do Cantábrico e que comezará en Barreiros e rematará en Rinlo. O desprazamento farase en tren FEVE desde O Vicedo ou outros puntos da zona para baixarse en Barreiros e comezar a ruta. Está prevista unha visita guiada ás 14h na praia das Catedrais e remate en Rinlo para, posteriormente, tomar o tren das 18:45h en Rinlo e voltar ata O Vicedo. Teléfono de inscrición 982 59 01 95 (fin de prazo ás 20h do martes)

-Xoves 19 de xullo: Día da Maxia. Consiste en 2 actividades de maxia a cargo do mago Pedro Bugarín. Un obradoiro de maxia gratuito na Casa da Cultura (obramaxia 3.0) ás 11:30h para nenos e nenas maiores de 6 anos . Prazas limitadas. Inscrición no 982 59 01 95 e un espectáculo de maxia ás 21:30h no auditorio da Casa da Cultura.

Exit mobile version