Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo 22 de xullo chegará ó Porto de Viveiro a peregrinación por mar “Navega o Camiño”

Viveiro 20-7-18. Trátase de 30 embarcacións que fan o camiño de Santiago por Mar, iniciando a sua ruta en Hondarribia e tendo como un dos seus puntos de parada o porto de Viveiro.

O domingo pola mañá o Centro Comercial Histórico de Viveiro prepararalles unha benvida cunha serie de actividades nas que poderán acercarse á nosa cultura e desfrutar do encanto do noso centro histórico.

Entre as actividades está prevista unha pequena degustación de produtos típicos da zoa que estará amenizada polo grupo de música tradicional “Os Valuros”, incluídos dentro do programa “Musiqueando” da Deputación Provincial de Lugo.

Asistirán a unha visita no establecemento de Cerámicas Regal, situado na Praza da Fontenova. Esta cerámica é autóctona de Viveiro, cunha gran traxectoria e sona na nosa terra e por iso os navegantes terán a oportunidade de observar en directo o proceso artístico que da vida ás pezas. Neste mesmo emprazamento poderán contemplar a exposición “Mar”, que ata o 15 de setembro amosará obras de varios artistas do mundo da pintura, a cerámica, a escultura e a fotografía.

Tamén terán a ocasión de visitar o taller de xoieria de Oscar Rodriguez Joyeros, no que se amosará de primeira man o proceso creativo de xoias da colección “Tesoros del Mar” na que parte das suas materias primas son conchas e outros elementos marinos.

A directiva do Centro Comercial Histórico de Viveiro mostra o seu agrado ca chegada destes navegantes e farán todo o posible para que pasen unha mañá amena e agradable visitando o Centro Histórico da cidade.

Exit mobile version