Site icon Crónica3.com A Mariña

Feira do bonito

Burela 14-7-18. Burela está inmersa na costeira do bonito; recuparado o pobo da troula castrexa, preparado para camiñar saudablemente, correr en versión nocturna polas ruas do pobo, e festexar en familia no cumio do Castelo a última fin de semana de xullo, é tempo de empezar a facer plans para agosto

Dende a Sociedade Cultural Ledicia de Burela estamos traballando intensamente na preparación da XXXIV FEIRA DO BONITO, que se celebrará en Burela os próximos 4 e 5 de agosto, e que estará arroupada por interesantes actividades que se suman á propiamente gastronómica.
A falta dalguns detalles do programa por cerrar, hoxe queremos anunciar os gañadores do concurso de carteles, que son
Cat. A (concursantes ata 14 anos – programa de man) Clara Vázquez Cayón
Cat. B (concursantes maiores de 14 anos -cartel anunciador) David Fernández Rodil, mais coñecido como Davixino
Ambos traballos serán embaixadores do bonito neste 2018, e recibirán os seus galardóns como gañadores o dia da Feira.

Teremos como pregoeiro da feira a Fernando Romay, detalle que xa foi anunciado no seu momento pola delegación de cultura do concello de Burela. Teremos a compaña de Produart, do certame de pintura Amarte, teremos a ocasión de disfrutar de varios eventos deportivos, de cine, de xogos, de música, e por suposto do BONITO.
Queremos agradecer a colaboración de todalas entidades públicas e/ou privadas que colaboran tanto material como económicamente para que este evento saia adiante, e queremos especialmente dar as GRACIAS a todalas mans que se prestan a traballar desinteresadamente para que o Bonito e Burela sexan referente da Mariña nestas datas

Exit mobile version