Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio organiza un desprazamento a Lourenzá

A Mariña 20-7-18. Será o 4 de agosto para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila e dos seus vales. Para a ocasión contarase cun guía especializado, e ademais vanse xestionar as visitas guiadas ós edificios relixiosos (igrexas de Sto Adrano, Sto Tomé, S. Xurxo, mosteiro de S. Salvador, así como ao pazo de Tovar (incluídas as entradas).
No caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus con traxecto Viveiro – Foz – Lourenzá (con paradas intermedias), opción máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita.
Para máis información e para anotarse visitar o blog de Mariña Patrimonio na seguinte ligazón: https://mrpatrimonio.blogspot.com

Exit mobile version