Site icon Crónica3.com A Mariña

Matrícula aberta no PRBFS para cadetes e xuvenís ata o 10 de agosto

Burela 20-7-18. Ata o venres 10 de agosto o Pescados Rubén Burela FS terá aberto o prazo de matrícula para o curso 2018-19 nas categorías de Cadete e Xuvenil, con prazas limitadas.
A inscrición debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.
Cada alumno/a deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo:
Opción 1 (150 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, mochila, roupa de adestramento (dúas camisetas, dous pantalóns curtos e un longo) e zapatilleiro.
Opción 2 (130 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, mochila e roupa de adestramento (dúas camisetas e dous pantalóns curtos).
As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.
Horario de atención ao público
De luns a venres: 9.00-14.00 horas

Exit mobile version