Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó Ministerio de Costas e Medio Ambiente a facer o mantemento do paseo da Rapadoira-Paseo Colón

Foz 21-7-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Un pobo turístico coma o noso non pode permitirse ter un paseo nunha zoa privilexiada como temos o paseo da Rapadoira e telo nas condicións que está. Podemos observar como hai plaquetas rotas, rexillas de recoller a auga da choiva nus casos rotas e noutros casos xa non están, co perigoso que este é para as persoas e sobre todo nenos e persoas maiores, así como as barandillas oxidadas e rotas. Isto demostra unha falta de mantemento lamentable, e si está así no centro do pobo, xa nos podemos facer unha idea de como está ós arredores.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Ministerio de Fomento e Costas a facer o mantemento correspondente do Paseo da Rapadoira-Paseo Colón urxentemente, así como o do resto de Paseos da nosa Costa .

Exit mobile version