O Goberno municipal do Concello de Mondoñedo vai colaborar cos chefs deixando os seus locais municipais para as reunións da asociación. A alcaldesa, Elena Candia, valora a creación desta asociación nun sector que non deixa de medrar e que se ten convertido nun atractivo turístico máis “grazas á calidade dos nosos produtos e á experiencia e bo facer dos nosos cociñeiros”, precisa.
A alcaldesa indica que as institucións “temos que implicarnos coa xente e coas iniciativas que recoñecen e valorizan os nosos produtos. A través deste proxecto Mondoñedo pon en valor o seu pan, a súa horta e a súa auga e, o que é máis importante, o factor humano, mozos profesionais que co seu traballo sacan adiante o mellor resultado co mellor produto. O Concello de Mondoñedo sempre estará apoiando estas iniciativas, apostando polo noso, elaborado pola nosa xente”, remarca.
Os chefs lucirán ademais nos seus uniformes o distintivo dos produtos da Horta de Mondoñedo.
Integrantes:
David Rodríguez Moledo, Restaurante A Mirandilla de Rinlo, Ribadeo
Bruno Perna Arnaú, Restaurante A horta da Paula, en Mondoñedo
Jesús Villarino Gavín, Restaurante Asador, en Barreiros
Jorge López, O Pazo de Tovar, Lourenzá
Michel Cociña, Casa Miranda de Burela
Alejandro Arca Uría, Arume Gastrobar de Viveiro
Waldo Jose González Redondo, Panadería Rubal, en Mondoñedo