
O BNG levou a cabo no muro que está ao pé da depuradora de Celeiro (Viveiro), un mural reivindicativo para exixirlle á Xunta, a mellora da EDAR e a substitución do emisario submarino de Viveiro. Ditas obras xa foron prometidas pola conselleira de medio ambiente, Beatriz Mato (PP), nun convenio asinado co concello de Viveiro en setembro do 2016, e un ano e medio despois nin tan sequera se iniciaron. A Xunta da largas á iniciación das obras, e o Concello continúa na súa tónica habitual de non facer nada, indican os nacionalistas.