Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, participaron na entrega de trofeos aos gañadores do IV Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial José Luis Yebra, que se disputou do 16 ao 29 de xullo

Burela 30-7-18. Rubén Blanco en absolutos e dobres e Alejandro Tripiana en xóvenes promesas e consolación foron os grandes protagonistas da cita, que organizou o Club de Tenis-Pádel A Marosa coa colaboración do Concello de Burela. Ao remate do torneo tivo lugar o acto de entrega de premios aos gañadores e dun detalle, como lembranza do evento, á familia do homenaxeado José Luis Yebra.

Exit mobile version